- Estudio: Sodinor
Shin-chan [2]
Título orixinal: Kureyon Shinchan (1992)
Data de estrea: 4/5/2005
Empresas
Profesionais
- Axuste: Alfonso Valiño
- Dirección: Alfonso Valiño
- Tradución: María Alonso Seisdedos
Elenco
Outros datos de interese
Esta ficha refírese aos episodios 365, 366, 367, 368, 387, 389, 408 e 468, incluídos como material adicional nas edicións de películas en DVD, posteriormente redobrados para a emisión televisiva:
—O 4 de maio de 2005 editouse en DVD o filme «Shin-chan na illa do tesouro», que inclúe o episodio 387 («Que está para nacer! / Que xa está aquí, que xa nace! / Xa naceu a nena»).
—O 16 de novembro de 2005 editouse en DVD o filme «Shin-chan: O pequeno samurai», que inclúe o episodio 395 («Shin Chan nas galaxias»).
—O 10 de maio de 2006 editouse en DVD o filme «Shin-chan: Aventuras en Henderland», que inclúe o episodio 389 («O detective Nohara entra en acción»).
—O 20 de xuño de 2007 editouse en DVD o filme «Shin-chan e o imperio dos carrozas», que inclúe o episodio 365 («As aventuras do Porquiño Pirata: as maracas / As aventuras do Porquiño Pirata: o rapto / Meu pai lévame de viaxe»).
—O 10 de outubro de 2007 editouse en DVD o filme «Shin-chan e a ambición do Cacafede», que inclúe o episodio 366 («As aventuras do Porquiño Pirata: o asalto / As aventuras do Porquiño Pirata: o rescate / Ultraheroe faise máis poderoso»).
—O 23 de abril de 2008 editouse en DVD o filme «Shin-chan e a costelada imposible», que inclúe o episodio 367 («As aventuras do Porquiño Pirata: ui, o castelo do monstro!»).
—O 22 de outubro de 2008 editouse en DVD o filme «Chamábanlle Shin-chan», que inclúe o episodio 468 («Vou para España!»).
—O 29 de abril de 2009 editouse en DVD o filme «Shin-chan: A guerra dos balnearios», que inclúe o episodio 408 («Xogo a ser taxista / As aventuras do Porquiño Pirata: Gin Goldfinger»).
—O 21 de outubro de 2009 editouse en DVD o filme «Shin-chan: Tres minutos para salvar o mundo», que inclúe o episodio 368 («Teño unha aventura nun mundo soñado / Acaba Ultraheroe»).
Consérvanse en xaponés, sen subtitular, o tema de entrada («PLEASURE» de Tomomi Kahala) e o tema de peche («DO-shite» de Sakurakko Club Sakura Gumi) que acomodou Luk Internacional, a distribuidora europea da franquía, na edición dalgúns destes capítulos. Un fragmento desta última canción interpretárono intradiexeticamente no episodio 112 da serie («Vou lavar os meus cubertos / Que vergonza pasou meu pai! / Quedamos a cear nos baños públicos») as actrices Ana Lemos, Teresa Santamaría e Montse Davila coa seguinte adaptación: «Non sei moi ben por que, pero estou triste. Dime por que. (Por que?) Non sei moi ben por que el xa non insiste. Dime por que. (Por que?) Non sei moi ben por que xa nada me fai chiste, dime por que. (Por que? Dime por que!) Se non estás aquí, se ti te vas, xa non sei que facer. Volve comigo, por favor, quero que sexas amigo meu. Soidade non quero, non quero morrer. Non quero, non. (Non quero, non!) Por ti funciona o meu corazón, se non vés aquí, parará o seu motor. Morrerei por ti, e entón vaste arrepentir».
A personaxe de Kuriyo Urima recibe o nome de Riyo Urimaku, como na súa primeira aparición na serie, amén do epíteto «A vendedora implacable», malia que a tradución máis recorrente deste sintagma é «A vendedora do inferno».
Obras relacionadas
- Shin-chan: A invasión
- Shin-chan: Na procura das bólas perdidas
- Shin-chan: Perdidos na xungla
- Chamábanlle Shin-chan
- Shin-chan: O pequeno samurai
- Shin-chan: A bomba das cachas ritmombantes
- Shin-chan e a costelada imposible
- Shin-chan e o imperio dos carrozas
- Shin-chan: A guerra dos balnearios
- Shin-chan na illa do tesouro
- Shin-chan: Operación Rescate
- Shin-chan: Tres minutos para salvar o mundo
- Shin-chan: A ritmo de samba
- Shin-chan: Aventuras en Henderland
- Shin-chan e a ambición do Cacafede