- Estudio: Sodinor
Shin-chan: Operación Rescate
Título orixinal: Kureyon Shinchan: Dengeki! Buta no hizume daisakusen (1998)
Data de estrea: 25/6/2004
Empresas
Profesionais
- Tradución: Margarita Díaz
Elenco
| Actor orixinal | Personaxe | Actor de dobraxe |
| Akiko Yajima | Shin-chan | Ana Lemos |
Outros datos de interese
Estreada no cinema exclusivamente en galego con doce copias, en once localidades galegas: Vigo (en dúas salas), A Coruña, Pontevedra, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Narón, Carballo, Lalín e Cee.
A distribuidora do filme, Luk Internacional, chegou a un acordo coa Mesa pola Normalización Lingüística e co Concello de Santiago para a promoción da cinta. No acto de presentación deste título, que tivo lugar no Auditorio de Galicia o 20 de xuño do 2004, estiveron presentes Keiichi Hara e Hitoshi Mogo, director e produtor da longametraxe respectivamente; Manuel Portas, relator municipal de Política Lingüística do Concello de Santiago; Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; e Francisco Gratacós e Meritxell Gratacós, director xeral e directora de márketing de Luk Internacional. Así mesmo, o 24 de xuño de 2004 na galería Sargadelos de Ferrol houbo un acto de presentación en que interviñeron Iria Taibo, responsable de Mocidade da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xaquín Marín, debuxante.